acetábulo

acetábulo

(

  1. s m

    Recipiente en forma de cunca para o vinagre.

  2. s m [ANAT]

    Cavidade articular e profunda do óso coxal onde está a cabeza do fémur.

  3. s m [METROL]

    Medida antiga para líquidos equivalente a 0,067 litros.

  4. s m [MICOL]

    Receptáculo dos fungos.

  5. s m [ZOOL]
    1. Cavidade do corpo dun insecto, na súa parte externa, onde se implanta a extremidade.

    2. Ventosa cupuliforme que teñen os tentáculos dalgúns cefalópodos.

    3. Ventosa posterior das samesugas.

    4. Escavación dunha cuncha ou dun polípero onde está fixado o animal.

Palabras veciñas

acet(o/i)- | Acetabularia | acetabuliforme | acetábulo | acetal | acetaldehido | acetaldol