acetálico -ca

acetálico -ca

(< acetal)

  1. adx [QUÍM]

    Relativo ou pertencente aos acetais.

  2. resinas acetálicas [QUÍM]

    Materiais termoplásticos producidos a partir de aldehidos por polimeración de adición, mediante o dobre enlace do grupo carbonilo. A unidade reiterativa do polímero é oximetileno -OCH 2 - ou un oximetileno substituído -OCRH-. Isto fai que a súa química siga á dos acetais, dos que recibe o nome. As resinas acetálicas comerciais son os plásticos que máis se asemellan aos metais polas súas propiedades mecánicas e a súa estabilidade dimensional nunha gran variedade de medios e condicións. Permiten substituír, en moitos casos, o latón, o cinc, o aluminio ou o ferro coado. As resinas acetálicas poden moldearse a temperaturas non excesivas, envellecendo ben, agás á luz ultravioleta. Poden mecanizarse, engancharse, soldarse, metalizarse e decorarse e arden de vagar. Non son atacadas polos roedores, insectos, fungos e microorganismos e non son tóxicas.

Palabras veciñas

acetaldehido | acetaldol | acetalfosfátido | acetálico -ca | acetalización | acetalizar | acetamida