acetilo
acetilo
(
-
s
m
[QUÍM]
Grupo acilo de fórmula CH 3 CO-, derivado do ácido acético, que forma parte, como radical estrutural, de numerosas moléculas orgánicas e que pode existir transitoriamente, como intermediario nas reaccións, en forma de radical libre acetilo CH 3 CO ou en forma de catión acetilo CH 3 CO + .
-
índice de acetilo
[QUÍM]
Número de miligramos de hidróxido de potasio precisos para neutralizar o ácido acético obtido por saponificación dun gramo de mostra de aceite ou graxa acetilada. O índice de acetilo ou o seu equivalente, o índice de hidroxilo, indican a proporción de funcións do alcohol non esterificadas que existen no aceite ou graxa, e son valores característicos destes.