acetilsalicílico, ácido
acetilsalicílico, ácido
(acetil-+ salicílico)
[QUÍM]
Universalmente coñecido polo seu nome comercial de aspirina. Sobre o organismo ten efecto analxésico, antiinflamatorio, antipirético e antiagregante plaquetario. Tamén pode provocar efectos secundarios como a produción de úlceras gástricas.