Acevedo e Zúñiga, Alonso de
Terceiro conde de Monterrei, señor dos estados de Biedma e Ulloa, da casa de Ribeira e dos demais morgados de Acevedo Fonseca. Fillo de Diego de Acevedo Fonseca e Ulloa e de Francisca de Zúñiga e Ulloa, única filla de Sancho Sánchez de Ulloa, primeiro conde de Monterrei. Casou con María Pimentel, filla do quinto conde de Benavente. Foi Pertigueiro Maior de Santiago de Compostela, Adiantado Maior de Cazorla e Xeneral da Cabalería de Milán. Formou parte da Corte de Carlos I en Valladolid. Participou na defensa de Perpiñán e na loita contra Solimán en Viena e Bohemia. Fundou en Monterrei un colexio da Compañía de Xesús que se converteu no centro de ensino máis importante do momento. Recibiu en herdanza do seu avó materno, o señorío e o castelo de Monterrei (Verín) e, por parte do avó paterno, o Arcebispo compostelán Alonso de Fonseca Acevedo, terras en Zamora e Salamanca.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Salsas