Acevedo e Zúñiga, Gaspar de

Acevedo e Zúñiga, Gaspar de

Quinto conde de Monterrei, tamén coñecido como Gaspar de Zúñiga Acevedo Fonseca. Casou con Inés de Velasco e Aragón, filla do duque de Frías. Foi Vicerrei e Capitán Xeneral de México e Perú. Destacou no eido militar e político e foi amigo persoal de Filipe II e Filipe III. Comandou a tropa que loitou contra os independentistas portugueses trala anexión de Portugal á coroa de Filipe II e a que se enfrontou aos piratas ingleses de Francis Drake ao atacaren A Coruña no 1589 trala derrota da Armada Invencible. Nesta loita, axudado por Fernando Ruíz de Castro, conde de Lemos, e López de Moscoso Osorio, conde de Altamira, conseguiu forzar os ingleses a erguer o sitio da cidade. Ocupou os cargos de Vicerrei de Nova España (1595-1603) e Perú (1603-1604), impulsando a exploración de novas terras. En homenaxe á súa defensa dos intereses indíxenas, déronlle o seu nome e o do seu condado á cidade de Monterrei. Morreu en 1606 no Perú, na extrema indixencia tras investir as súas cuantiosoas rendas en obras de caridade. O seu fillo Manuel herdou o condado e a súa filla casou co Conde-Duque de Olivares.

Cronoloxía

  • Deceso