acomodación

acomodación

(

  1. s f

    Adaptación a un lugar ou a un espazo buscando comodidade

    Sinónimos: acomodo.
  2. s f [LING/FILOL]

    Forma de asimilación fonética pola que un fonema se adapta parcialmente ás características articulatorias e acústicas doutro, sen perder os seus riscos distintivos que permiten identificalo como tal.

  3. s f [LIT/RELIX]

    Técnica de adaptación de fragmentos bíblicos ou litúrxicos co fin de incluílos en composicións literarias. Dáse especialmente nos cancioneiros hispánicos da Idade Media, que adoitaban facer parodias relixiosas e reinterpretacións dos textos sagrados nas composicións profanas de carácter amoroso. Na lírica galego-portuguesa a técnica da acomodación maniféstase nas cantigas de escarnio, onde serve de vehículo á ironía por descontextualización da cita relixiosa, e nas cantigas relixiosas, onde ten unha función ornamental. Nalgúns casos xorden problemas de identificación das fontes orixinais dos textos acomodados.

  4. s f [ECOL]

    Mecanismo que teñen os seres vivos para se adecuar a determinadas circunstancias ambientais (vento, luz, frío ou calor, densidade de poboación, etc) por medio de modificacións somáticas ou fisiolóxicas, sen que estas sexan de transmisión hereditaria.

  5. reflexo de acomodación do ollo [FISIOL]

    Reflexo que provoca o cambio do foco do ollo para que a visión sexa nidia a diferentes distancias. O ser humano, as aves e os peixes acomodan a visión axustando a curvatura do cristalino e modificando o seu índice de refracción. Os peixes e anfibios moven o cristalino cara a adiante ou cara a atrás en relación coa retina.

Palabras veciñas

acometer | acometida | acomodable | acomodación | acomodadizo -za | acomodado -da | acomodador -ra