acoso

acoso

(< acosar)

  1. s m

    Persecución dunha persoa ou animal sen descanso.

    Ex: O acoso indiscriminado dos seus inimigos, fixo que se rendera.

  2. s m

    Molestias e sufrimentos en forma de dano físico ou psíquico que se lle causa a unha persoa cando se molesta reiteradamente.

    Ex: Non soportaba máis o acoso ó que o sometía o seu superior.

    Sinónimos: asedio.
  3. acoso sexual [DER]

    Comportamento delitivo consistente en propoñer relacións sexuais a unha persoa logo de ter recibido unha resposta negativa nun primeiro momento. Caracterízase pola insistencia e por estar compañado de ameazas de represalias en caso de non acceder ás proposicións do acosador. Na lexislación española contemplouse nun primeiro momento como figura delitiva nos casos de acoso por parte dun/dunha superior/a cara a un subordinado/a (no ámbito laboral, escolar, etc), para estenderse posteriormente aos casos rexistrados entre compañeiros/as.