acrilamida

acrilamida
Nome científico: [CH<sub> 2</sub> CHCONH<sub> 2</sub> ]
s f [QUÍM]

Amida do ácido acrílico. É un sólido cristalino incoloro, estable só entre 10 e 25°C. A obtención industrial máis corrente é por hidratación do acrilonitrilo. A acrilamida e os seus derivados aplícanse en síntese orgánica (colorantes) e, sobre todo, para obter polímeros e copolímeros. As acrilamidas substituídas empréganse como xelificantes de terras e lamas, na floculación de mineral e de materias en suspensión nas augas e demais.

Palabras veciñas

acridona | acriflavina | acrilaldehido | acrilamida | acrilato | acrílico -ca | acrilonitrilo