acritude

acritude

(

  1. s f

    Calidade de agre.

    Ex: Comeu o iogur caducado e quedou cunha sensación de acritude na boca.

    Sinónimos: acridade, acrimonia.
  2. s f [TECNOL]

    Estado adquirido polos metais ao ser deformados plasticamente en frío, caracterizado polo aumento da súa dureza ou fraxilidade.

  3. s f

    Aspereza de carácter que se manifesta nunha persoa.

    Ex: A súa acritude provoca o rexeitamento dos seus compañeiros.

Palabras veciñas

acrisolar | acristianar | acritarcos | acritude | acroagnosia | acroagnoxia | acroama