acroama
acroama
(
[MÚS/ESPECT]
Entretemento de música instrumental que se interpretaba no intermedio dos xogos públicos, banquetes ou festíns na Grecia clásica. Os romanos engadíronlle unha representación teatral, que chegou a individualizarse tanto que xa no final da República este termo designaba só aquelas representacións de carácter privado.