acróstico -ca
acróstico -ca
(< gr ἀκροστίχιον< ἄκρος ‘extremo’ +στίχος ‘verso’)
adx e s
m
[LIT]
Poema ou calquera outra composición na que as letras que ocupan determinados lugares, como por exemplo, as letras iniciais de cada verso, forman unha palabra ou unha frase. Xoán Manuel Pintos inscribe un acróstico en A Gaita Gallega (1853) no que se pode ler “Que viva Galicia”.