acrotera

acrotera

(< lat acroterĭa < grἀκρωτήριον  < ἄκρος ‘extremo’)

  1. s f [ARQUIT/DEC]

    Elemento decorativo, normalmente unha palmeta, situada en remates ou vértices, sobre todo nos frontóns dos templos gregos, etruscos e romanos.

  2. s f [ARQUIT/DEC]

    Zócolo de pequenas dimensións no que se sustenta un acroterio.

  3. s f [ARQUIT/DEC]

    Cruz na que remata o piñón ou a bóveda do cruceiro nalgunhas igrexas.

Palabras veciñas

acróstico -ca | acrostola | acrostolio | acrotera | acroterio | Acrotiri | acrotonía