actante
actante
(< fr actant)
s
m
[LING/LIT]
Función sintáctica do estruturalismo de Lucien Tesnière (1959) que designaba cada un dos complementos que podían ser esixidos polo verbo ou adxectivo. No 1966 Julien Greimas introduciu este termo na narratoloxía para designar aquelas funcións narrativas da estrutura profunda que realizan ou sofren o acto. Correspóndese co que Vladimir Propp (1928) chamou dramatis personae vencelladas cada unha a unha esfera da acción propia do conto marabilloso e definidas pola súa repercusión no desenvolvemento da intriga.