actinia
actinia
(< gr ἀκτίς -ῐνος ‘radio’)
s
f
[ANIMAL]
Nome dos zoantarios do xénero Actinia representado por pólipos de corpo cilíndrico, de 5 a 7 cm de altura, carnoso e sen esqueleto, que viven fixados por unha base circular que forma ventosa nas rochas mariñas somerxidas. Ten a boca na parte superior do corpo, rodeada de tentáculos retráctiles. Tanto os tentáculos como todo o corpo teñen células urticantes, chamadas cnidoblastos. Os ovos dan lugar a unha larva que primeiro nada libremente e despois fíxase no substrato. O tegumento presenta coloracións vivas, xeralmente avermelladas. Atópanse en todos os mares, nas zonas litorais onde chega a luz.