actínico -ca
actínico -ca
(< actinismo)
-
adx
[QUÍM/FÍS]
Que se refire ou posúe a propiedade do actinismo.
-
raios actínicos
[QUÍM/FÍS]
Termo referido ás radiacións electromagnéticas actínicas. En sentido estricto, o termo aplícase só ás radiacións electromagnéticas fotograficamente activas. Ademais da luz visible, tamén inclúe as radiacións ultravioletas e infravermellas, os raios X e os raios gamma.