actínido
actínido
(< gr ἀκτίς,-ῐνος ‘raio luminoso’)
s
m
[QUÍM]
Calquera dos membros dunha familia de elementos quimicamente moi homoxéneo, constituída por 15 metais radioactivos, consecutivos na táboa periódica, que comeza polo actinio e remata no laurencio. Todos os actínidos teñen dous electróns 7s, pero o nivel máis externo para de encherse e a partir do protactinio, os electróns adicionais pasan a encher o nivel interno 5f. Segundo as regras da IUPAC, o nome de actínido tería que ser reservado aos elementos nos que este nivel non rematou de ser enchido e non podería ser aplicado nin ao actinio nin ao torio.