actitude
-
s
f
Postura expresiva que corresponde a unha intención ou certa disposición do ánimo.
Ex: O garda estaba nunha actitude defensiva por se aparecía o inimigo. A súa actitude ante a vida era desesperante: non tiña ilusión e mergullábase no alcol.
-
s
f
[ARTE]
Postura ou disposición dunha figura.
-
s
f
[PSIC]
Disposición continua a reaccionar cunha tonalidade afectiva, unha expresividade ou unha conduta características. É un estado psicolóxico previo aos estímulos provenientes do mundo exterior ao suxeito, condicionador do tipo de reaccións e dun certo grao de coherencia na conduta individual. As actitudes, adquiridas conscientemente ou inconscientemente, definen a estrutura caracteriolóxica da personalidade na súa dimensión básica, previa e disposicional.
-
s
f
[SOCIOL]
Predisposición aprendida culturalmente polo individuo segundo a cal valora obxectos, outros individuos, colectividades, grupos e institucións. Determina unha resposta característica perante cada fenómeno sobre o cal ten formada unha actitude.
-
s
f
[LING]
Alicerce da identidade lingüística. Conta coas seguintes compoñentes: condutual (disposición cara ao obxecto concreto), cognitiva (información sobre o obxecto) e afectiva (isto é, sentimentos ou emocións que provoca o obxecto). As actitudes lingüísticas dependen, en gran medida, dos seguintes factores: lingüísticos (distribución social das linguas nunha comunidade), sociais (proceso de asimilación de valores ou crenzas individuais) e do contexto. Este último varía segundo a situación que provoca unha especialización das linguas relacionada fundamentalmente co status social de cada variedade e co prestixio dos grupos que as empregan.
-
actitude do consumidor
Disposición psicolóxica do consumidor cara a determinados produtos ou servicios que pode determinar o seu comportamento de compra. Factores como a estrutura familiar, grupo social ao que pertence o consumidor, poder adquisitivo, lugar de residencia, ambicións persoais, entre outras, configuran e condicionan a actitude do consumidor.