activador -ra
(< activar)
-
adx
Que activa.
Ex: O sistema activador da máquina fresadora estaba avariado.
-
s
m
[BIOQ]
Substancia capaz de iniciar ou activar unha acción enzimática. Pode actuar de maneiras moi diversas, provocando a transformación química dun proenzima inactivo en enzima activo, parando unha inhibición ou evitando que se produza, e favorecendo o contacto entre o enzima e o substrato.
-
s
m
[CONSTR/ENX]
Produto que se engade aos ligantes bituminosos para aumentar a adhesividade cos áridos.
-
s
m
[FÍS]
Substancia que en pouca cantidade dá lugar á luminiscencia de certos cristais.
-
s
m
[IND/ESPECT]
Substancia que se engade ao fluído principal dos tubos do arco, para principiar o acceso ou para aumentarlle a luminosidade, e para completar dentro do posible a gama de cores.
-
s
m
[IND]
Na concentración de minerais por flotación, substancia que fai apta a superficie do mineral a flotar para fixar o colector por absorción.
-
s
m
[QUÍM/IND]
Substancia que aumenta a eficacia dun acelerante de vulcanización. Entre outras substancias, empréganse como activadores o óxido de cinc, o litarxirio e diversos sales orgánicos de cinc.