Adaloaldo

Adaloaldo

Rei dos lombardos (615), fillo de Axilulfo e de Teodolinda, quen o animou a bautizarse. Debido ás boas relacións que mantivo con Roma e Bizancio, os arrianos reaccionaron na súa contra provocando o seu envelenamento.