Adams, John

Adams, John

Estadista norteamericano. No 1755 graduouse en Dereito. Foi deputado por Massachussetts, redactou a Declaración de Dereitos (Bill of Rights) deste estado e dirixiu a protesta contra a Stamp Act (1765). Uniuse aos radicais e foi delegado no Primeiro Congreso Continental de Filadelfia (1774). Participou na redacción da Declaración de Independencia. Realizou misións diplomáticas en Francia (1778, 1780) e interveu nas negociacións do tratado de paz co Reino Unido do 1783. Foi o primeiro Embaixador norteamericano na Gran Bretaña (1785). O Partido Federalista conduciuno á Vicepresidencia (1789-93 e 1793-96) e á Presidencia (1797-1801) dos EE UU. Mantivo unha guerra encuberta con Francia á que puxo fin o tratado de 1800. Nas eleccións do 1800 foi derrotado por Jefferson. Publicou Defence of the Constitution of the United States (Defensa da Constitución dos Estados Unidos, 1787).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Baintree, actual Quincy, Massachussetts

  • Deceso