adaptador -ra
adaptador -ra
(< adaptar)
-
adx e s
Que adapta ou que permite adaptar.
-
s
m
[INFORM]
Elemento constituído por unha tarxeta de circuíto impreso, que forma parte dun ordenador e que serve para facer posible o funcionamento e a interconexión entre os diferentes elementos ou partes de que consta, e que non foron preparados para iso no proceso da súa fabricación.
-
s
m
[TECNOL]
Aparello que permite conectar diferentes elementos electrónicos á rede eléctrica xeral sen necesidade de ningún tipo de pila, adaptando a súa voltaxe.
-
s
m
[TECNOL]
Peza que axeitada a un aparello permite a intercambiabilidade de certos elementos, como o obxectivo nas cámaras fotográficas.