adarve

adarve

(<ár ad-darb ‘desfiladeiro, camiño, rúa’)

  1. s m [ARQUIT]
    1. Parte superior dunha muralla, tamén chamado camiño de rolda, que pode ir cuberta e posuír vans ao exterior para que a sentinela poida vixiar.

    2. Camiño estreito que percorre os muros das fortificacións.

    3. Muro dunha fortaleza.

  2. s m [URBAN]

    No urbanismo hispano-musulmán, canella de acceso a vivendas privadas con porta no seu comezo.

Palabras veciñas

adar* | adarga | adarme | adarve | adastra | Adaúlfo II | Adaweb