Adaúlfo II

Adaúlfo II

Bispo de Iria e Compostela. Procurou combater a espallada corrupción que afectaba os mosteiros dúplices e manter a disciplina do clero lonxe de vicios, escándalos e desmesuras, como o concubinato e casamento dos seculares, nun intento por restablecer a disciplina eclesiástica. Foi acusado de sodomía polos seus propios criados, sendo condenado a enfrontarse á turrada dun touro bravo. Malia que saíu vencedor da proba, retirouse como ermitán en Asturias.