Adelung, Johann Cristoph

Adelung, Johann Cristoph

Gramático e lexicógrafo alemán. Comezou a súa investigación lingüística estudiando a latinidade medieval (adicións ao glosario de Du Cange), sen embargo, a súa obra máis importante é a Grammatisch-kritisches Wörterbuch der hochdeutschen Mundarten (Dicionario gramático-crítico dos dialectos altoalemáns, 1774-1786) que contribuíu notablemente á codificación deste idioma. Do ano 1759 ao 1761 foi profesor do Gymnasium protestante de Erfurt (Turinxia) e, dende o ano 1787, conselleiro da corte e director da biblioteca de Dresden.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Spantekow, Pomerania

  • Deceso

    Lugar : Dresden