Adén
Adén
Cidade da República do Iemen, que conforma unha das súas provincias (6.980 km2 ; 562.162 h [1994]). A área urbana esténdese pola península de Adén, dominada por dous outeiros volcánicos (Gabal Samsan e Gabal Hasan) entre os que está o porto. A súa importancia provén de ser o principal porto e estación de tráfico de petróleo na entrada do Mar Vermello. Ata 1990 foi a capital da República Democrática Popular do Iemen.