Adiante
Adiante
[PUBLIC]
Boletín en galego editado en Bos Aires no mes de xaneiro de 1954 e subtitulado “Órgao das Mocedades Galeguistas”. Dirixido por C. Carlés Tizado, participaban como redactores A. González Doval e C. Abraira. Colaboraron nel Antón Santamarina, Xosé Neira Vilas e Ramón de Valenzuela. Sobre todo contiña información política de corte nacionalista.