Adler, Viktor
Adler, Viktor
Político austríaco de orixe xudía. Líder dos socialdemócratas austríacos dende 1889, conseguiu reconciliar as faccións socialistas austríacas. No ano 1890 creou en Viena o Arbeiterzeitung (Diario dos traballadores), voceiro do partido. Foi cofundador da Segunda Internacional. Deputado en Landtag (1905), dirixiu a loita pola aplicación do sufraxio universal e contra o antisemitismo. No 1918 foi nomeado Secretario de Estado de Asuntos Exteriores no Goberno Provisional austríaco.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Praga -
Deceso
Lugar : Viena