administrador -ra
(< administrar)
-
adx e s
Que ou quen administra.
-
s
-
[DER]
Persoa encargada, soa ou xunto con outras, de administrar bens ou negocios doutra persoa. Pode ser administrador por disposición legal (o pai sobre os bens dos fillos, o titor sobre os do pupilo, etc), por resolución xudicial (o que o xulga desígnao na declaración de bancarrota, nun xuízo sen ter feito testamento, etc) ou por acto voluntario dunha persoa en favor doutra (nomeamento de administrador por unha sociedade mercantil ou por unha persoa).
Sinónimos: dirixente, xerente. -
Persoa encargada, soa ou xunto con outras, con facultades indistintas ou mancomunais, da administración dunha sociedade.
-
[DER]
-
[INFORM]
Persoa que realiza o mantemento dun sitio web en Internet (en inglés webmaster) ou dun sistema informático e se responsabiliza do seu perfecto funcionamento no aspecto técnico.
-
administrador apostólico
[DER/RELIX]
Clérigo ao que o Papa, por razóns graves e especiais, encarga o goberno e a administración dunha diócese, estea ou non vacante.
-
administrador de dispositivos
[INFORM]
Aplicación do sistema operativo Windows, en todas as súas versións, que permite exercer control sobre algún dos seus aspectos, como executar aplicacións, crear directorios, copiar arquivos ou xestionar a impresión de documentos. As versións posteriores a Windows ‘95 empregan tamén o explorador de Windows, que consiste nunha mellora do administrador, sobre todo na interface gráfica.