administración
(< administratĭone)
-
s
f
Acción de administrar.
Ex: Cómpre a administración dunha dose precisa.
Confrontacións: dirección, xerencia. -
s
f
O servizo de administración, os administradores.
-
s
f
Local onde se instala o servicio de administración.
Ex: Veñen de facer unha serie de reformas na nova administración.
Sinónimos: axencia, delegación, oficina, secretaría. -
s
f
[ECON]
Xestión xeral do patrimonio dunha empresa. Consiste en dirixir e harmonizar todas e cada unha das funcións particulares dunha empresa mediante criterios selectivos de eficacia técnica conforme á lei capitalista de obtención do máximo beneficio co mínimo esforzo investido.
Sinónimos: xerencia, xestión. -
s
f
[DER]
Acto de conservación e de explotación dun patrimonio universal ou de bens concretos, realizado de acordo coa natureza dos bens e coa lei ou cos poderes outorgados. Os actos de administración ou administración ordinaria, son normalmente actos prudentes destinados esencialmente ao mantemento, conservación e uso da cousa ou patrimonio, incluída a súa explotación normal.
Ex: A administración dos bens públicos foi favorable para todos.
-
[DER/ADM]
-
s
f
Organización dos tribunais e xulgados para exerceren a potestade xurisdicional, xulgando e facendo executar o que xulgaron.
-
administración de xustiza
Acción dos xulgados e tribunais que exercen a potestade de aplicar as leis.
-
s
f
-
[DER/ADM]
-
s
f
Conxunto de atribucións que teñen legalmente asignadas. Actividade que realizan as entidades públicas e os órganos que constitúen a administración pública, no exercicio das facultades e das competencias que se lle outorgan.
-
administración pública
Persoa xurídica organizada segundo principios de xerarquía, que se encarga de xestionar os intereses públicos, de aplicar as leis e de desenvolvelas. Desde un punto de vista territorial, a administración pública do Estado español ofrece tres niveis: a administración do estado, central ou periférica, no que se atribúe a xestión, en todo o territorio, dos servicios e funcións que se consideran fundamentais; a administración autonómica derivada da división do estado en comunidades autónomas; e a administración local integrada por entes con personalidade xurídica propia diferentes do estado e das comunidades autónomas que non manteñen, respecto destas, relacións de xerarquía ou dependencia orgánica e funcional: municipio e provincia. O goberno e a administración do municipio, entidade local básica, corresponden ao concello. A provincia, determinada pola agrupación de municipios, gobérnase e adminístrase pola Deputación, cunhas competencias moi limitadas. Desde un punto de vista non territorial hai unha administración institucional, de carácter instrumental ou de cobertura, formada por aqueles entes públicos secundarios creados para calquera das administracións mencionadas e que son o resultado dunha descentralización por servicios.
-
s
f
-
contrato por administración
[DER]
Contrato de execución dunha obra segundo o cal o pagamento do traballo do construtor ou dos operarios ten que facerse por unidade de tempo ou de obra levada ao cabo.
-
administración autonómica
[POLÍT/DER]
Conxunto de institucións e organismos mediante os que a comunidade autónoma desenvolve o exercicio do seu autogoberno. A Constitución Española de 1978 no seu Título VIII estrutura a organización territorial do Estado a través de municipios, provincias e comunidades autónomas. É o chamado Estado das Autonomías. A administración autonómica galega artella os tres poderes do estado mediante institucións de seu, que reciben o mandamento constitucional de actuar ao servizo do Goberno Central, do que son representantes. Estas institucións son o Parlamento de Galicia (asemblea lexislativa), a Xunta de Galicia e as súas respectivas consellerías (poder executivo), e o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (poder xudicial). A administración autonómica ten encomendadas en virtude do Estatuto de Autonomía unha serie de competencias, entre as que salientan a ordenación do territorio e o urbanismo, a educación e ordenación universitaria, a agricultura, pesca, marisqueo e cultivos mariños, as políticas activas de emprego, os servicios básicos de protección social, como a asistencia sanitaria ( SERGAS), o Instituto Social da Mariña, e outros servicios. A administración autonómica xestiona tamén, por delegación de competencias, museos, arquivos e bibliotecas que son patrimonio do estado, e ten transferidas competencias de titularidade estatal sobre lexislación e execución en materia de crédito, banca e seguros, asociacións, espectáculos públicos, transporte marítimo, mutualidades de previsión social e colexios profesionais. As súas actividades son controladas polo Consello de Contas, o Valedor do Pobo, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e o Tribunal Constitucional. Os organismos da administración autonómica poden establecer delegacións en circunscricións territoriais menores, ben sexa a nivel provincial ou comarcal.