dirección
(< lat directiōne)
-
-
s
f
Acción e efecto de dirixir.
Ex: Encargáronlle a dirección do traballo a un especialista.
Confrontacións: administración, xestión. -
s
f
Consellos e ensinanzas coas que se encamiña a alguén na realización dun traballo ou nunha actuación.
Ex: A dirección da tese doutoral levouna a cabo o catedrático.
-
s
f
[IMAX]
Arte e técnica de realización das diferentes partes dunha película. A dirección cinematográfica ten dúas funcións principais: a dirección de produción, que se encarga de todos os aspectos económicos da película, e a dirección artística, que se ocupa doutros temas, como a adaptación do guión, o control da fotografía, a dirección dos actores ou a montaxe da película.
-
dirección de escena
[ESPECT]
Actividade artística que ten como finalidade a creación e a construción dun espectáculo teatral a partir dun proceso de escenificación no que interveñen diversas disciplinas como a dramaturxia, a interpretación, o deseño teatral, e que en moitas ocasións se inicia a partir dun texto dramático. A dirección de escena sempre pestivo resente na historia do teatro, pero a partir dos traballos de Richard Wargner a prol dun teatro total e das experiencias dos teatros libres e dos teatros de arte, promovidos por André Antoine e Konstantin Stanislavski, a dirección de escena comezou a concibirse como unha escritura escénica na que, partindo dunha partitura literaria, o director de escena constrúe outra escénica utilizando diversas linguaxes, axentes e elementos.
-
dirección empresarial
[ECON]
Filosofía empresarial moderna que define a función do director e as súas intervencións co persoal, co obxecto de optimizar os resultados de convivencia e eficacia. É un proceso que busca a adaptabilidade da empresa ao momento histórico-social e político, e tamén ao marco legal vixente, controlando os riscos de cambio, co propósito de obter os mellores resultados das opcións que ofrece o mercado.
-
dirección espiritual
[RELIX]
Guía nos asuntos relacionados co espírito. Froito dunha esixencia relixiosa, é unha práctica común a todas as formas de relixiosidade. No cristianismo, limitada nun principio ao ámbito monacal, estendeuse a toda a vida da Igrexa. Pódese exercer a través do trato persoal ou por escrito, en forma de cartas ou tratados. Entre estes últimos, na Península Ibérica destacan o Libellus de Institutione Virginum (s IV), de Leandro de Sevilla; os Confesionalia medievais, substituídos máis tarde pola Devotio Moderna; o Exercitatori, de García de Cisneros, e os Exercicios Espirituais de santo Ignacio de Loiola. Entre os ss XVI e XVIII publicáronse diversas obras tituladas Camiños Espirituais, Directorios Espirituais e Regras dos Directores. As ordes relixiosas insisten na importancia da dirección espiritual, feito que orixinou o xurdimento de diversas escolas de espiritualidade.
-
dirección orquestral
[MÚS]
Arte e técnica de dirixir un conxunto instrumental ou vogal na execución dunha obra musical. O crecemento orquestral do s XIX esixiu un director especializado que interviñese cada vez máis na interpretación da obra musical. Neste mesmo século destacan na dirección, entre outros, Hans von Bülow e Hans Richter, e xa no s XX, Arturo Toscanini, Leopold Stokowski, Gustav Mahler, Bruno Walter, Otto Klemperer, Wilhelm Furtwängler, Ernest Ansermet, Herman Scherchen, Herbert von Karajan, Sergui Celibidache, George Böhm, George Solti, Pierre Boulez, Leonard Bernstein, Claudio Abbado, Helmuth Rilling, Maximino Zumalave, Odón Alonso, Enrique García Asensio e Antoni Ros Marbà.
-
s
f
-
-
s
f
Cargo de director dunha empresa ou nunha administración.
Ex: A dirección dese banco está ó seu cargo.
-
s
f
Conxunto de persoas que dirixen unha entidade.
Ex: A dirección está formada por tres licenciados e a secretaria.
Sinónimos: directiva. -
s
f
Lugar onde se instalan as oficinas das persoas que levan o mando dunha empresa.
Ex: A dirección do instituto está no terceiro piso.
-
dirección xeral
[DER]
Órgano da Administración pública que se encarga de controlar e dirixir unha determinada área dun departamento, ministerio ou consellería.
-
s
f
-
-
s
f
Traxecto ou liña imaxinaria que segue unha persoa ou unha cousa no seu movemento.
Ex: Para ir a Tui collín dirección Portugal. O vento sopraba en dirección sur. O porteiro deuse conta da dirección que levaba o balón.
Confrontacións: curso, rumbo, traxectoria, curso. -
s
f
Camiño imaxinario ou rumbo que adopta unha determinada acción.
Ex: Non son quen de seguir a dirección dos seus razoamentos. O partido político colleu unha dirección totalmente contraria despois do congreso.
-
s
f
Liña de conduta que alguén segue.
Ex: Os seus estudios non levan unha dirección única.
-
s
f
[FÍS]
Recta pola que se move un corpo nun momento dado. A dirección é rectilínea cando coincide coa traxectoria do corpo e é curvilínea cando coincide coa tanxente.
-
dirección dunha forza
[FÍS]
Recta pola que unha forza tende a mover o seu punto de aplicación.
-
s
f
-
[TECNOL]
-
s
f
Mecanismo que se utiliza para que o condutor dun vehículo poida modificar a súa traxectoria. Este mecanismo está composto por un volante que vai unido a unha árbore que transmite o movemento cara aos seus brazos; estes moven ao mesmo tempo as rodas directrices, cun sistema mecánico que a árbore leva nos seus extremos ou coa asistencia hidráulica, que se coñece co nome de servodirección ou dirección asistida. O piñón, a cremalleira, o parafuso globoide e o parafuso coa recirculación de bólas compoñen o sistema mecánico destas árbores. A xeometría de dirección permite que durante o desprazamento do vehículo todas as rodas xiren sobre o solo sen esvarar, para limitar o desgaste dos pneumáticos.
-
dirección asistida
servodirección.
-
s
f
-
dirección de tiro
[BÉL]
Conxunto de aparellos que efectúan os cálculos necesarios para determinar a posición que adopta unha peza de artillería que dispara contra un obxecto móbil e que transmite as ordes para o movemento desta peza.
-
dirección escolar
[EDUC]
Órgano que ten como función determinar os obxectivos e especificar, coordinar, sistematizar e desenvolver as accións e actividades docentes para garantir o correcto funcionamento do centro educativo.