curso
(< lat cursus ‘carreira’)
-
Curso creado coa Lei Xeral de Educación (LXE) de 1970, que tiña como precedente o curso preuniversitario da Lei de Ordenación do Ensino Medio de 26 de febreiro de 1953, do ministerio de J. Ruiz Jiménez. O artigo 32/1 da LXE especifica que este curso debe preparar o alumno para o seu ingreso na Universidade, logo da superación dunhas probas de acceso (selectividade). Os seus obxectivos son: profundar na formación das ciencias básicas; orientar os alumnos na elección das carreiras ou profesións para as que demostran mellores aptitudes e inclinacións; e achegarse ás técnicas de estudo e traballo intelectual propias da educación universitaria. O artigo 34 da LXE indica que a dirección xeral de Ensino Medio debe programar o curso, a Universidade debe revisalo e darase nos centros de bacharelato. A orde ministerial de 13 de xullo de 1971 establece que o seu plan de estudios se basea en tres materias comúns e vinte e unha optativas en catro grupos, das que o alumno escolle tres. A orde ministerial do 22 de marzo de 1975 dispón que os estudiantes deben posuír o título de bacharel superior para acceder a este curso, e que as materias opcionais se dividen nas seccións de letras e ciencias. A orde ministerial de 11 de setembro de 1976 distribúe definitivamente as materias de COU: tres materias comúns (lingua estranxeira, filosofía e lingua castelá) e dúas opcións (opción A e opción B), integradas cada unha delas por dúas materias obrigatorias (opción A: literatura e historia do mundo contemporáneo; opción B: matemáticas e física) e catro optativas, das que teñen que escoller dúas (opción A: latín, grego, historia da arte e matemáticas; opción B: química, bioloxía, xeoloxía e debuxo técnico). Trala aprobación da Lei Orgánica de Ordenación Xeral do Sistema Educativo (LOXSE), Real Decreto 1/1990 de 3 de outubro, o Curso de Orientación Universitaria desaparece do sistema educativo.
-
s
m
-
Camiño que segue unha corrente de auga, permanente (ríos, regos, etc) ou non permanente (torrentes), dende o seu nacemento ata a súa desembocadura, xa sexa por riba da superficie terrestre ou por baixo dela.
Confrontacións: corrente, corrente. -
[ASTRON]
Percorrido que fai un astro.
Ex: Dende o observatorio estudiaban o curso do cometa.
Sinónimos: dirección, rumbo, traxectoria.
-
-
s
m
Serie de estados ou etapas polas que pasa ou debería pasar algo.
Ex: Estivo na cama no curso da enfermidade. Coñeceu a moita xente no curso da súa vida. Deixemos que as cousas sigan o seu curso normal.
-
s
m
Paso ou sucesión dun período determinado de tempo.
Ex: O curso dos días no es-tranxeiro transcorríalle moi lento.
Sinónimos: transcurso. -
-
s
m
Circulación de algo que pasa dunhas persoas a outras.
Ex: Empregaba palabras que xa non estaban en curso.
-
s
m
[ECON]
Circulación e funcionamento da moeda e dos efectos do comercio.
Ex: En marzo de 2002 a peseta xa non segue en curso.
-
curso forzoso
[ECON]
Obriga imposta polo goberno de aceptar como liberación de pagos moedas sen valor intrínseco apreciable, títulos do Estado ou billetes de banco.
-
curso legal
[ECON]
Calidade dunha moeda que obriga xuridicamente a un acredor a aceptala como pago do que se lle debe. Son de curso legal os billetes e as moedas que emite o Banco Central.
-
curso legal
[ECON]
alor de circulación asignado por un Estado á moeda que emitiu. Cando a moeda ten un valor intrínseco apreciable, o valor de curso legal é sempre superior ao valor intrínseco para poder cubrir os gastos de fabricación e asegurarlle unha ganancia ao emisor.
-
s
m
-
s
m
[PEDAG]
-
Ordenamento planificado dos elementos de ensino-aprendizaxe que determina a secuenciación e mesmo o desenvolvemento de todas as actividades escolares e extraescolares nun centro educativo. Desde unha perspectiva máis reducida, tamén pode entenderse como ano escolar. En calquera caso, reflicte a unidade organizativa do tempo lectivo que se constitúe formalmente como unidade básica de estruturación do ensino.
-
Espacio de tempo que dura un curso académico; esta duración non adoita coincidir nos seus límites nin na súa extensión co ano astronómico. En España, por exemplo, o curso escolar empeza a primeiros de setembro e remata canda as vacacións de verán do ano seguinte. De aí que se nomee indicando os anos de comezo e fin, respectivamente. En calquera caso, na súa determinación os distintos países teñen en conta diferentes aspectos, como as características xeográficas e climáticas, e outras cuestións, como a tradición e a cultura propias. Por iso non se poden definir nin determinar parámetros globalmente explicativos, aínda que poden darse moitas coincidencias entre uns países e outros.
-
Tempo marcado, tanto nos estudios universitarios como no ensino obrigatorio ou noutros de distinta natureza, para asistir ás leccións.
-
Unidade de obxectivos que se concretan en forma de niveis de rendemento, en función dunha formulación que sempre debe ter en conta aspectos varios, como a maduración psicolóxica dos alumnos, a estrutura interna da materia de que se trate e mesmo as esixencias e normas sociais. Cada vez que un alumno acada os obxectivos educativos especificados en forma de niveis básicos de rendemento -mínimos segundo as terminoloxías máis recentes- correspondentes a un curso, ciclo ou nivel, cobre unha etapa definida no sistema educativo.
-
Unidade básica de planificación que define o traballo realizado durante un ano escolar, tanto polos docentes coma polos alumnos, de tal maneira que neste caso se está a falar de todo aquilo que se concreta nunha unidade didáctica.
-
Unidade metodolóxica ou nivel que se debe superar.
-
Conxunto de contidos temáticos e aspectos específicos que nun tempo determinado se imparten a un certo grupo de alumnos.
-
Conxunto de estudiantes dun mesmo grao de estudios.
-
FRAS: Dar (libre) curso a unha cousa. Deixar andar ou facer que marche para que siga o seu curso. En curso 1 Referido ó tempo corrente.
Tratado especial no que se expón metodicamente o estudo xeral dunha materia.
-
Frases feitas
-
Dar (libre) curso a unha cousa. Deixar andar ou facer que marche para que siga o seu curso.
-
En curso 1 Referido ao tempo corrente. Ex: No mes en curso imos ao especialista.
-
2 Que se está a realizar. Ex: Os traballos en curso atrasaron as vacacións.