cursor

cursor

(

  1. s m

    Peza móbil provista dun índice, sinal, nonio, etc, que se pode facer mover arriba e abaixo dunha liña ou xirar ao redor dun disco, xeralmente graduados.

  2. s m [TECNOL]

    Resistencia variable, reóstato, etc, elemento desprazable ou xiratorio que nun potenciómetro está en contacto coa resistencia e polo que se extrae a tensión intermedia.

  3. s m [INFORM]

    Símbolo que indica na pantalla dun ordenador en que lugar da mesma aparecerá o seguinte carácter que se escriba; sinala tamén un punto calquera dun gráfico ou debuxo, un menú de programa, etc. Os cursores aparecen con frecuencia como guións ou rectángulos escintilantes para encontralos con rapidez. A maioría dos teclados teñen teclas para o movemento do cursor (en forma de frechas) que permiten levalo vertical ou horizontalmente pola pantalla. Esta capacidade aplícase especialmente con finalidades de edición de texto, como nos procesadores de texto. O rato permite que se poida mover rapidamente o cursor pola pantalla e situalo onde se crea conveniente.

  4. s m [DER]

    Escribán ou outro oficial encargado da realización de dilixencias en determinados tribunais. Estas poden ser efectuadas por funcionarios da administración de xustiza ou por determinadas autoridades eclesiásticas, entre as que se atopa o cursor apostólico.

Palabras veciñas

curso | curso | Curso de | cursor | cursus honorum* | cursus* | Curt Martínez, José