curso

curso

(< lat cursus ‘carreira’)

  1. s m
    1. Camiño que segue unha corrente de auga, permanente (ríos, regos, etc) ou non permanente (torrentes), dende o seu nacemento ata a súa desembocadura, xa sexa por riba da superficie terrestre ou por baixo dela.

      Confrontacións: corrente, corrente.
    2. [ASTRON]

      Percorrido que fai un astro.

      Ex: Dende o observatorio estudiaban o curso do cometa. 

      Sinónimos: dirección, rumbo, traxectoria.
  2. s m

    Serie de estados ou etapas polas que pasa ou debería pasar algo.

    Ex: Estivo na cama no curso da enfermidade. Coñeceu a moita xente no curso da súa vida. Deixemos que as cousas sigan o seu curso normal. 

  3. s m

    Paso ou sucesión dun período determinado de tempo.

    Ex: O curso dos días no es-tranxeiro transcorríalle moi lento. 

    Sinónimos: transcurso.
    1. s m

      Circulación de algo que pasa dunhas persoas a outras.

      Ex: Empregaba palabras que xa non estaban en curso. 

    2. s m [ECON]

      Circulación e funcionamento da moeda e dos efectos do comercio.

      Ex: En marzo de 2002 a peseta xa non segue en curso. 

    3. curso forzoso [ECON]

      Obriga imposta polo goberno de aceptar como liberación de pagos moedas sen valor intrínseco apreciable, títulos do Estado ou billetes de banco.

    4. curso legal [ECON]

      Calidade dunha moeda que obriga xuridicamente a un acredor a aceptala como pago do que se lle debe. Son de curso legal os billetes e as moedas que emite o Banco Central.

    5. curso legal [ECON]

      alor de circulación asignado por un Estado á moeda que emitiu. Cando a moeda ten un valor intrínseco apreciable, o valor de curso legal é sempre superior ao valor intrínseco para poder cubrir os gastos de fabricación e asegurarlle unha ganancia ao emisor.

  4. s m [PEDAG]
    1. Ordenamento planificado dos elementos de ensino-aprendizaxe que determina a secuenciación e mesmo o desenvolvemento de todas as actividades escolares e extraescolares nun centro educativo. Desde unha perspectiva máis reducida, tamén pode entenderse como ano escolar. En calquera caso, reflicte a unidade organizativa do tempo lectivo que se constitúe formalmente como unidade básica de estruturación do ensino.

    2. Espacio de tempo que dura un curso académico; esta duración non adoita coincidir nos seus límites nin na súa extensión co ano astronómico. En España, por exemplo, o curso escolar empeza a primeiros de setembro e remata canda as vacacións de verán do ano seguinte. De aí que se nomee indicando os anos de comezo e fin, respectivamente. En calquera caso, na súa determinación os distintos países teñen en conta diferentes aspectos, como as características xeográficas e climáticas, e outras cuestións, como a tradición e a cultura propias. Por iso non se poden definir nin determinar parámetros globalmente explicativos, aínda que poden darse moitas coincidencias entre uns países e outros.

    3. Tempo marcado, tanto nos estudios universitarios como no ensino obrigatorio ou noutros de distinta natureza, para asistir ás leccións.

    4. Unidade de obxectivos que se concretan en forma de niveis de rendemento, en función dunha formulación que sempre debe ter en conta aspectos varios, como a maduración psicolóxica dos alumnos, a estrutura interna da materia de que se trate e mesmo as esixencias e normas sociais. Cada vez que un alumno acada os obxectivos educativos especificados en forma de niveis básicos de rendemento -mínimos segundo as terminoloxías máis recentes- correspondentes a un curso, ciclo ou nivel, cobre unha etapa definida no sistema educativo.

    5. Unidade básica de planificación que define o traballo realizado durante un ano escolar, tanto polos docentes coma polos alumnos, de tal maneira que neste caso se está a falar de todo aquilo que se concreta nunha unidade didáctica.

    6. Unidade metodolóxica ou nivel que se debe superar.

    7. Conxunto de contidos temáticos e aspectos específicos que nun tempo determinado se imparten a un certo grupo de alumnos.

    8. Conxunto de estudiantes dun mesmo grao de estudios.

    9. Tratado especial no que se expón metodicamente o estudo xeral dunha materia.

Frases feitas

  • Dar (libre) curso a unha cousa. Deixar andar ou facer que marche para que siga o seu curso.

  • En curso 1 Referido ao tempo corrente. Ex: No mes en curso imos ao especialista.

  • 2 Que se está a realizar. Ex: Os traballos en curso atrasaron as vacacións.

Palabras veciñas

cursividade | cursivo -va | curso | curso | Curso de | cursor | cursus honorum*