delegación

delegación

(< lat delegatĭōne)

  1. s f

    Acción e efecto de delegar.

    Ex: Asumiu a dirección da empresa por delegación do presidente.

  2. s f

    Conxunto de persoas delegadas.

    Ex: A delegación dos traballadores negocian coa navieira o aumento de soldo.

    Sinónimos: representación.
  3. s f
    1. Cargo de delegado.

      Ex: Ofrecéronlle a delegación de Facenda.

    2. Circunscrición na que un delegado exerce o seu cargo.

    3. Oficina dun delegado.

    4. [ADM]

      Organismo das administracións públicas dependente doutro de rango superior e cun ámbito territorial e funcional xeralmente limitado. En España son delegacións cada un dos organismos que representan a algúns ministerios nas diferentes demarcacións administrativas, como as delegacións provinciais de traballo, facenda, xustiza, etc. Tamén as comunidades autónomas e institucións locais poden establecer delegacións.

  4. [DER]
    1. s f

      Técnica de relación interorgánica que consiste na transferencia a un órgano inferior do exercicio das competencias que se teñen atribuídas. Pódense facer delegacións a outros órganos da mesma administración, aínda que non sexan xerarquicamente dependentes, ou a entidades de dereito público vinculadas ou dependentes das administracións públicas. A delegación pode ser revocada en calquera momento polo órgano que a conferira.

    2. s f

      Acto polo que o xuíz ou o tribunal exhortado, que non pode practicar por si mesmo todas ou parte das dilixencias que se lle encomendan, atribúelle a potestade de xurisdición en todo ou en parte a un xuíz inferior e subordinado a el, ben mediante a remisión do exhorto orixinal, ben mediante o envío dun despacho. A persoa delegada non pode ampliar o poder que lle foi conferido, pero si subdelegalo.

    3. s f

      Autorización dada polo debedor a outro suxeito para que se obrigue no seu nome. O cambio de debedor implica que o acredor lle debe dar o seu consentimento.

    4. delegación de sinatura

      Remisión dun órgano administrativo a outro subordinado de resolucións e actos administrativos para que os asine no seu nome. Non caberá a delegación de sinatura nas resolucións de carácter sancionador.