admisión
(< admitir)
-
s
f
Feito de ser admitido.
Sinónimos: aceptación, aprobación. -
s
f
[ENX]
-
Introdución do vapor no cilindro da máquina de vapor, debido á diferenza de presión entre a caldeira e o cilindro.
-
Tempo do ciclo dun motor endotérmico, no que o aire (nun motor diesel) ou a mestura gasosa combustible (nun motor de explosión) entra no cilindro a causa da aspiración creada polo movemento do pistón.
-
-
admisión temporal
[DER]
Sistema de importación de mercadorías, sen pagamento dos dereitos arancelarios e por un tempo determinado, coa finalidade de perfeccionalas, transformalas ou aumentarlles o valor, e ser despois reexportadas.
-
reserva do dereito de admisión
[DER]
Potestade que ten un local privado para non permitir a entrada a aquelas persoas que se considere poidan alterar a orde.
Ex: Nese local manteñen pendurado o cartel sobre a reserva do dereito de admisión.
-
admisión na cotización
[ECON]
Acto polo que se concede a un título o dereito de figurar na cotización oficial da bolsa e, polo tanto, de ser obxecto de negociación. É outorgado pola autoridade, administrativa ou corporativa, que rexe a bolsa.