Adorno, Theodor

Adorno, Theodor

Nome que adoptou Theodor Wiesengrund, filósofo e musicólogo alemán. Estudiou filosofía e música (1924), con A. Berg, A. Webern e A. Schönberg. A súa orientación filosófica é inseparable da teoría crítica e da Escola de Frankfurt, pero con un acento acusadamente dialéctico e asistemático. Foi autor de Dialektik der Aufklärung (Dialéctica da Ilustración, 1947) onde analiza o racionalismo como instrumento de dominación da natureza e do home; de Negative Dialektik (Dialéctica Negativa, 1966), onde sinala a vía de superación dos límites da razón instrumental, grazas ao momento negativo do proceso dialéctico, e de numerosas obras de estudo da fenomenoloxía artística contemporánea.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Frankfurt

  • Deceso

    Lugar : Viège, Valais