adrenalina
adrenalina
(< adrenal + -ina)
s
f
[BIOQ]
Aminoalcohol que constitúe a principal hormona segregada pola zona medular das glándulas suprarrenais. É segregada sobre todo durante calquera estado de emerxencia ou situación de estrés que obrigue ao mecanismo a afrontar perigos exteriores ou recuperar a homeostasia. Ten unha acción parecida á excitación do sistema nervioso simpático: provoca hipertensión sanguínea, vasoconstrición, bronquiodilatación e hiperglucemia. Coñécese tamén co nome de epinefrina.