adrenocorticotrópica, hormona

adrenocorticotrópica, hormona
[BIOQ]

Unha das hormonas segregadas polo lóbulo anterior da hipófise. É un polipéptido constituído por unha cadea única de 39 aminoácidos. Segrégase como resposta ao estrés. Provoca a estimulación do córtex suprarrenal. Ten, ademais, unha acción mobilizadora dos ácidos graxos e estimulante da expansión dos melanóforos. Chámase tamén corticotropina.

Palabras veciñas

adrenal | adrenalina | adrenérxico -ca | adrenocorticotrópica, hormona | adrenocorticotrópico, polipéptido | adrenocromo | adrenoreceptor