advección

advección

(< lat advectĭone‘conducción’)

  1. s f [METEOR]

    Transporte da calor e do vapor de auga por medio do movemento horizontal da masa de aire.

  2. s f [METEOR]

    Movemento dunha masa de aire en dirección horizontal. A advección modifica os límites das zonas climáticas transportando a calor e o vapor de auga das latitudes baixas ás altas, do mar quente á terra fría, etc.