adventicio -cia
(
-
adx
Chegado accidentalmente, fortuitamente, producido por unha acción accidental, engadida extrinsecamente.
Ex: Aconteceu todo por causas adventicias.
-
adx
[BOT]
Dise do órgano que nace fóra do seu lugar normal, como a xema adventicia, que medra fóra da axila das follas ou a raíz adventicia, que se forma lateralmente sobre o talo, na hedra ou independentemente da raíz principal.
-
s
m
[RELIX]
Cantidade global que percibe o vicario ou o presbítero adscrito a unha parroquia en concepto de honorarios de asistencia a enterros, funerais, casamentos, administración do bautismo e despacho da documentación parroquial.
-
estrutura adventicia
[BIOL]
Estrutura do tecido conxuntivo que forma a capa externa dos órganos en forma de tubo, como as arterias e o tracto dixestivo.
-
plantas adventicias
[AGR]
Plantas herbáceas que crecen espontaneamente nas parcelas cultivadas dificultando as explotacións agrícolas. A súa eliminación é un dos problemas económicos da produción.