adxunto -ta

adxunto -ta

(< lat adiunctu < ad +iunctu < iungere ‘xuntar’)

  1. adx

    Que vai ou está unido a algunha cousa.

    Ex: No documento adxunto poderán observar os datos económicos.

  2. adx e s

    Que ou quen comparte como auxiliar doutro unha tarefa, unha función, un servizo ou cousa semellante.

    Ex: É o director adxunto da compañía de seguros.

  3. adx e s [LING]

    Dise da palabra ou das palabras que van con elementos esenciais da proposición.

  4. adx e s [INFORM]

    Documento envíado cos correos electrónicos e que é independente do contido dos mesmos.

Palabras veciñas

adxudicatario -ria | adxudicativo -va | adxunción | adxunto -ta | adxuración | adxurar | adxuvante