adxuvante

adxuvante

(< lat *adiŭvante

  1. adx

    Que axuda.

    Ex: Con esta peza adxuvante completamos a estrutura.

  2. adx [LIT]

    Segundo o modelo que ideou Algirdas Julien Fremias en 1966 retomando a terminoloxía de Guy Michaud, adxuvante ou auxiliante positivo do suxeito é o papel actancial desempeñado polos actores que prestan a súa axuda ao protagonista fronte a opoñente que ten como función obstaculizar a súa acción. Os seus equivalentes na análise que fixo Vladimir Propp do conto ruso serían o axudante fronte a vilán ou agresor.

  3. adx [MED]

    Dise do medicamento que aumenta ou modifica a acción doutro medicamento.

Palabras veciñas

adxunto -ta | adxuración | adxurar | adxuvante | Ady, Endre | Adzopé | Aebischer, Paul