aeromotor

aeromotor

(

  1. s m [FÍS]

    Motor destinado a propulsar aeronaves.

    Ex: Repararon o aeromotor antes de continuar o voo.

  2. s m [FÍS/IND]

    Motor que transforma a enerxía cinética do vento en enerxía mecánica utilizable. Están constituídos por un rotor que xira impulsado polo vento, sobre un eixe horizontal ou vertical. Empréganse para a elevación de auga, no muíño de vento, ou para a produción de electricidade, no aeroxenerador.

Palabras veciñas

aeromodelista | aeromodelo | Aeromonas | aeromotor | aeronauta | aeronáutica | aeronáutico -ca