aerosol

aerosol

(

  1. s m [QUÍM]

    Suspensión coloidal de partículas líquidas ou sólidas nun gas. As néboas e as nubes son exemplos de aerosois de partículas líquidas; os fumes, de aerosois con partículas sólidas. Os aerosois teñen propiedades específicas que non posúen as outras suspensións coloidais. Nun mesmo aerosol poden coexistir partículas con cargas eléctricas de signo diferente e incluso sen carga; o percorrido libre medio das partículas pode ser moi grande porque a viscosidade do medio de dispersión é moi baixa. Outra propiedade é o fenómeno da fotoforese das partículas, que se orientan cara á luz ou se anulan, segundo o caso. Correntemente, aplícanse como aerosois produtos como insecticidas, medicamentos e cosméticos, influíndo negativamente no fenómeno da contaminación atmosférica. Por outro lado os aerosois formados por aire e por partículas combustibles teñen propiedades explosivas.

    Ex: Esa empresa química fabrica aerosois.

  2. s m [TECNOL]

    Envase de distribución constituído por un recipiente estanco a presión que, por manobra dunha válvula que comunica co exterior, permite coa axuda dun gas a presión, proxectar un produto calquera que se encontra en estado líquido. Os produtos distribuídos en aerosois son moi diversos: medicamentos, insecticidas, desodorantes, perfumes, cosméticos, vernices e pinturas, extintores de incendios, antiescumantes, lubrificantes, produtos de mantemento doméstico, aditivos alimentarios e mesmo alimentos.

    Ex: Hoxe en día os aerosois teñen medidas restritivas na súa composición.

  3. s m

    Solución coloidal empregada para o perfume agradable de espacios da casa ou semellantes.

    Ex: Ese aerosol ten cheiro a margaridas.

Palabras veciñas

aeroscopio | aerosfera | Aerosmith | aerosol | aerosolterapia | aerosonda | Aérospatiale