afasia

afasia

(< gr ἀϕασία ‘imposibilidade de falar’ < ἀ ‘sen’ + ϕασις ‘palabra’)

s f [MED]

Trastorno cerebral caracterizado por unha perda máis ou menos exclusiva da produción ou da comprensión da linguaxe falada ou escrita, ou de ambas as dúas, sen lesións no aparato da fonación nin enfermidades psíquicas. A causa está sempre localizada a nivel do hemisferio dominante. Diferéncianse dous grandes tipos de afasia: sensitiva, de condución ou afasia de Wernicke, e motora, de expresión ou afasia de Broca. Hai moitas variantes clínicas como son a afasia total ou global, as síndromes disociativas da fala como a agnosia verbal auditiva ou xordeira para as palabras, a afasia nominal, as afasias transcorticais, e a agrafía ou imposibilidade de escribir.