afastamento

afastamento

(< afastar)

  1. s m

    Acción e efecto de afastar ou afastarse.

    Ex: O afastamento da súa vila fíxolle chorar.

    Sinónimos: arredamento. Antónimos: acercamento, achegamento.
  2. s m

    Distanciamento que se produce no tempo ou no espacio.

    Ex: O afastamento entre as dúas vilas é considerable.

  3. s m

    Distanciamento que se produce no plano afectivo ou ideolóxico entre dúas ou máis persoas ou entre algo e unha persoa.

    Ex: O afastamento do seu fillo non a deixa vivir. Dende hai un tempo estase a producir un afastamento entre os dous políticos.

    Sinónimos: arredamento. Confrontacións: ausencia, ausencia.
  4. s m

    Ausencia dunha persoa que se encontrar fóra do seu lugar de orixe ou de residencia habitual.

    Ex: O afastamento dos seres queridos soe ser moi triste.

Palabras veciñas

afasia | afásico -ca | afastado -da | afastamento | afastar | afatar | afear