afectación
afectación
(
-
s
f
Acción e efecto de afectar.
Ex: O seu grao de afectación observarémolo cando lle comuniquemos a nova.
-
s
f
Artificiosidade ou carencia de naturalidade cando se realiza algo ou no modo de comportarse.
Ex: Maniféstase con tanta afectación que non sabes realmente o que quere dicir.
Sinónimos: amaneiramento. -
s
f
[LIT]
Uso dun estilo ou dun método que non combina co tema tratado, de maneira que o escrito reséntese de esaxeración ou de falta de naturalidade.
Ex: A afectación da súa poesía complica a súa comprensión.
-
s
f
Presunción feita con base nunha serie de calidades que non existen.
-
afectación de resultados
[EMPR]
Adxudicación dos resultados dun exercicio segundo que estean constituídos por perdas ou por ganancias nas diversas partidas representativas do patrimonio dunha empresa.