afeccionado -da
(
-
p reg
de afeccionar.
-
adx e s
Que ou quen ten afección a unha arte, a unha ciencia, a un deporte ou a outra actividade, e en xeral, que lle gusta asistir a presencialo.
Ex: É un grande afeccionado da hípica.
Confrontacións: diletante. -
s
Quen practica un deporte, que cultiva unha arte, unha ciencia por pracer e non profesionalmente.
Ex: Un grupo de afeccionados xogaba ó tenis nas pistas de Samil.
Confrontacións: diletante. -
teatro afeccionado
Actividade teatral desenvolvida sen afán lucrativo. Os ámbitos nos que se sitúa o teatro afeccionado son diversos, desde os centros educativos ás aulas da terceira idade, se ben aquel que rexistra un maior pulo é o das asociacións culturais e veciñais. Ata finais da década de 1970 todo o teatro galego era afeccionado, pois non existían estruturas profesionais de produción, que principiaron a desenvolverse coa implantación da administración autonómica. O teatro afeccionado cumpriu un papel fundamental na configuración dun espacio cultural nacional, na defensa e promoción da lingua galega, na normalización cultural e no desenvolvemento do teatro profesional. Na actualidade constitúe un dos piares fundamentais do tecido teatral galego. Xunto ao traballo desenvolvido en moitos centros educativos, desde que Ricardo Carballo Calero traballara no Colexio Fingoi de Lugo, hai que salientar o labor de agrupacións históricas como o Grupo Airiños, de Asados (Rianxo), Cantigas e Agarimos e Ditea, de Santiago de Compostela; Escoitade, de Valadares (Vigo) Tespis, da Coruña, ou Rúa Viva, de Ourense. Tamén hai que destacar o traballo de novas agrupacións como Emeigual, de Malpica, o grupo da AC Ullán, da Coruña, Badius, de Baio (Zas), Berrobambám, de Santiago de Compostela, Clámide, de Vilagarcía de Arousa, Achádego e Barriga Verde, de Lugo, Teatro Aurín, de Moaña, Ancoradouro e Axóuxere, de Cangas, Avento e O Trasno, de Vigo ou Migallas, Xenio e Arume, en Pontevedra. Grupos nacidos ao abeiro de aulas da terceira idade, como o Club de Xubilados de Caixa Galicia de Ferrol, Santiago de Compostela ou Lugo, e iniciativas como o grupo de teatro da ONCE na Coruña e colectivos femininos, como o grupo da Asociación de Mulleres de Moaña ou o Teatro do Curro, da Asociación de Mulleres Rurais de Noia, completan o panorama do teatro afeccionado galego.