afeitar

afeitar

(

  1. v t e pron

    Rasurar a barba, o bigote ou o pelo da cara cunha navalla, máquina eléctrica ou afeitadora, coitela, etc.

    Ex: Onte o barbeiro afeitoume a barba. Afeitouse a barba e agora parece que ten cara de cu.

  2. v t

    Cortar o pelo que nace en calquera parte do corpo.

    Ex: Afeitou as pernas para poder ir á praia.

  3. v t e pron

    Embelecer(se) con afeites.

    Ex: Afeitou o pelo con flores. Afeitouse toda para ser a atención da festa.

  4. v t

    Cortar as pólas das árbores.

    Sinónimos: decotar, demoucar, derramar, esmoucar, espolar. Confrontacións: podar.
  5. v t

    Cortar a rentes o toxo, as silveiras, fentos, etc dun terreo.

    Ex: Afeitaron o toxo porque xa estaba moi alto.

    1. folla de afeitar

      Folla de aceiro, delgada e flexible, cun ou dous cortes que, fixada á máquina de afeitar, serve para rasurar a pel.

    2. máquina de afeitar eléctrica ou afeitadora [TECNOL]

      Aparello eléctrico que permite afeitar ou afeitarse en seco. Inventada en 1931 polo norteamericano Schick, consta dunha ou máis coitelas, cun corte simple ou múltiple, que xira ou se despraza con movemento alternativo, pola acción dun pequeno motor eléctrico, por baixo dunha lámina fina metálica, provista de múltiples furados, que deixa pasar o pelo e orienta o corte.

    3. maquiniña de afeitar [TECNOL]

      Aparello para afeitar. Consta dun mango no extremo do que se coloca unha folla de afeitar ou gillette (polo nome do seu inventor) ou unha coitela dun só uso.

Frases feitas

  • Afeitar a alguén sen navalla. Molestar a alguén, darlle unha malleira.

  • Afeitar a un en seco/contra o sol. Amolar.

Refráns

  • Máis vale mal afeitado que ben esfolado.
  • O día que non me afeitei, veu á miña casa quen menos pensei.
  • Se queres un día bo, aféitate; un mes bo, mata porco; un ano bo, casa; e un sempre bo, faite crego.

Palabras veciñas

afectuoso -sa | afeitado -da | afeitadora | afeitar | afeite | afeito -ta | afelio
Conxugar
VERBO afeitar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
afeito
afeitas
afeita
afeitamos
afeitades
afeitan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
afeitaba
afeitabas
afeitaba
afeitabamos
afeitabades
afeitaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
afeitei
afeitaches
afeitou
afeitamos
afeitastes
afeitaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
afeitara
afeitaras
afeitara
afeitaramos
afeitarades
afeitaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
afeitarei
afeitarás
afeitará
afeitaremos
afeitaredes
afeitarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
afeitaría
afeitarías
afeitaría
afeitariamos
afeitariades
afeitarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
afeite
afeites
afeite
afeitemos
afeitedes
afeiten
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
afeitase
afeitases
afeitase
afeitasemos
afeitasedes
afeitasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
afeitar
afeitares
afeitar
afeitarmos
afeitardes
afeitaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
afeita
-
-
afeitade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
afeitar
afeitares
afeitar
afeitarmos
afeitardes
afeitaren
Xerundio afeitando
Participio afeitado
afeitada
afeitados
afeitadas